Fornecemos un servizo de consultoría online adaptado ás túas necesidades para facer efectiva a túa presenza en internet e o máximo aproveitamento dos recursos e técnicas que faciliten visibilidade e solucións para a comunicación, divulgación e promoción online dos teus proxectos, iniciativas e/ou marcas.
Podes optar por pedirnos asesoramento -xa sexa puntual ou o acompañamento de procesos- soporte técnico, solucións web ou formación específica, segundo cales sexan os obxectivos e necesidades do teu proxecto.
- Se queres, realizaremos un recoñecemento da túa web e orientarémosche para mellorar a usabilidade e navegación, mostrándoche algunhas pautas para que a túa web sexa atopada polos buscadores e consigas un mellor posicionamento e máis visitas.
- Tamén podemos ofrecerche unha estratexia de comunicación global, combinando diferentes ferramentas Tics e procesos de traballo que faciliten a túa presenza e reputación en liña; facilitarémosche formación e acompañamento na posta en andamento e durante o desenvolvemento de contidos, propiciando a aprendizaxe continua para que poidas xestionar directamente todas as melloras realizadas.
- Axudarémosche a identificar as redes sociais segundo cal sexa o teu público obxectivo; facilitarémosche pautas e/ou a xestión directa para dar de alta e optimizar os perfís, promoción de campañas e a dinamización de comunidades que máis adecuadas para alcanzar os resultados que queiras conseguir coa túa iniciativa na rede.