Formación


A inmediatez e alcance da comunicación en rede fai das TIC unha ferramenta estratéxica para seren utilizadas en iniciativas orientadas á incidencia social.

FormacionFornecemos un servizo integral de formación adaptada ás necesidades da túa entidade, proxecto ou iniciativa.

  • Facilitamos a adquisición de coñecementos necesarios en diversas áreas temáticas que permitan comprender e moverse mellor a través dos recursos que ofrece a sociedade rede, como ferramentas para a participación, xestión de web e blogs, comercio electrónico, redes sociais, etc.
  • Desenvolvemos cursos e talleres especializados en comunicación en rede e dinamización 2.0, así como outros cursos de xestión de proxectos, entidades e calidade orientada á igualdade e á incidencia social.
  • Adaptamos e personalizamos o teu espazo de formación en liña na nosa plataforma de teleformación para que poidas ofrecer os teus propios cursos de formación.
  • Elaboramos materiais didácticos en diferentes soportes adaptados ás necesidades formativas do teu proxecto -persoal ou colectivo- e/ou entidade.

 

Áreas de formación

Técnica:

  • Webs, blogs e blogosferas.
  • Xestión de contidos, CMS, etc.
  • Social Media.

Incidencia Social:

  • Ciberfeminismo.
  • Redes para o cambio social.
  • Redes e comunidades de interese.
  • Redes de coñecemento.

Desenvolvo organizacional:

  • Calidade.
  • Software libre e modelos de negocio na sociedade Rede.
  • Comunidades de aprendizaxe.
  • Traballo en rede