A capacidade de xerar contidos con valor é a esencia para conseguir unha boa presenza na internet; algúns recursos web poden potenciar o resultado.
Fornecemos algunhas solucións web que poden contribuír a visibilizar o teu proxecto na rede.
1. Creación e (re )deseño da túa web.
Podemos axudarche a crear o teu proxecto web, ou facernos cargo directamente do replantexamento, (re) deseño e mellora da web/blog que teñas en funcionamento.
Consúltanos posibilidades e valoraremos conxuntamente:
- Análise de Necesidades segundo alcance e a quen se dirixe o teu proxecto.
- Elección do tema de deseño, adaptado a opcións funcionais e de usabilidade da web.
- Presentación de proposta tipo Demo.
- Desenvolvemento, programación e posta en funcionamento da web.
2. Hosting e dominios para os teus proxectos web.
Fornecemos servizo de asesoramento para a procura do nome do teu proxecto web.
Xestionamos o rexistro do dominio, xa for xenérico ou territorial, e facilitámosche o acceso ao teu panel de administración desde onde poderás realizar mudanzas nos datos de contacto, titular, DNS e outras xestións avanzadas.
Dispomos de servizo de hosting (aloxamento) web e tamén dun servizo de migración de balde se queres traer o teu proxecto a oPERSOALéPOLÍTICO.
Contacta e solicítanos un orzamento adaptado á capacidade de almacenamento e tráfico que sexa necesaria para o teu proxecto. Traballamos co criterio de ‘prezo xusto’, para garantir a calidade do servizo con dous criterios:
– O importe final será o dos servizos que realmente necesites (é dicir, non terás que pagar por algo que non vas usar).
– Os proxectos web aloxados en oPERSOALéPOLÍTICO inciden na mudanza social que consideramos necesario para outro modelo de sociedade.
3.- Outras solucións web: tenda virtual e aula de formación en liña.
Podemos asesorarche para implementar outras solucións web.
Necesitas unha solución integral para que os teus produtos e/ou servizos teñan unha presenza eficaz na Internet? Escríbenos e valoraremos conxuntamente as posibilidades para a túa tenda virtual e/ou aula de formación en liña (instalación, formación e/ou xestión de catálogos, clientes e módulos)
4.- Posicionamento web (SEO)
Como facer visíbel o teu proxecto entre todo o ‘ruído’ que existe na internet?
Mostrámosche algunhas pautas para que o teu proxecto web sexa atopado máis facilmente a través dos buscadores, como Google.
Contacta e valorámolo conxuntamente.