Como traballamos?


O que nos motiva realmente é contribuír a ir xerando mudanzas, en todos os ámbitos nos que interactuamos.

A través de  ‘O Persoal é Político‘ optamos por seleccionar só aquelas iniciativas que sexan permeábeis ao desenvolvemento do noso decálogo de valores e principios éticos:

 

  1. Traballamos con e para persoas, por iso, prestamos coidado a como se estabelecen as relacións e á satisfacción dos intereses mutuos.
  2. Aprendemos da experiencia, dos resultados conseguidos e tamén dos erros; gostamos de o recoñecer en cada iniciativa á que aplicamos solucións.
  3. Consideramos que cada proxecto é único; aplicamos a mellor combinación do noso coñecemento, experiencia e saber facer para elixir as ferramentas e recursos que mellor se adapten ás súas necesidades.
  4. Alentamos iniciativas que incidan no empoderamento a través dasTIC, e moi especialmente no empoderamiento das mulleres.
  5. Promovemos a innovación a través dos contidos e os procesos de traballo.
  6. Impulsamos prácticas non invasivas de comunicación en rede.
  7. Procuramos solucións baseadas na sinxeleza e nas súas posibilidades de uso.
  8. Alentamos a superación da fenda dixital e de todas as fendas de xénero existentes.
  9. Asumimos a responsabilidade social das nosas actuacións como un valor posibilitador da transformación social.
  10. Alimentamos relacións sinérgicas para o fortalecemento dos dereitos humanos.