Quen somos?


Carmen Castro García

Carmen Castro García

Economista, experta en Politicas para a Igualdade de Xénero e Gender mainstreaming. Doctoranda en Economía Feminista.

Ciberfeminista. Autodidáctica por opción. Creadora da primeira bitácora feminista con perspectiva de xénero en lingua hispana: SinGENEROdeDUDAS.com e de outras iniciativas baseadas en xénero e Tics nas que xa participaron máis de 6.000 mulleres.

Directora de SinGENEROdeDUDAS.org, comunidade de coñecemento con enfoque de xénero na rede.

Actualmente simultanea a súa actividade investigadora, profesional e política a través da rede; e de maneira presencial nalgunhas iniciativas sociais, baseadas en dereitos humanos e cun horizonte altermundista.

Consultora Internacional, formadora en Políticas para a Igualdade de Xero e autora dun bo número de propostas de Plans estratéxicos e manuais para a aplicación do principio de igualdade.

Seleccionada como ‘Women inspiring Europe’ polo Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero en 2014.

Ler máis ]

Paula Rios Curbeira

Licenciada en Filoloxía Hispánica [Galego-Portugués] co CAP superado. Máster en Axente de Igualdade de Oportunidades.

Entusiasta das TIC, con formación especializada e experiencia en Competencias Tecnolóxicas para Community Managers e aplicación  aos procesos formativos.

Xestora do coñecemento e información en rede; actualmente realiza tarefas como redactora/tradutora e Xestora de Comunidades Online na empresa Dinahosting SL, elaborando textos publicitarios en castelán e as súas traducións a galego e protugués para adecuar o discurso corporativo á realidade social de cada mercado usando unha linguaxe inclusiva.

Promotora convencida da importancia das iniciativas de economía solidaria. Socia fundadora de ‘Tagen Ata lingua e comunicación’ S Coop. Galega, con funcións específicas de coordinación e xerencia. Socia colaboradora de Maragota S. Coop Galega, espazo de educación infantil que dinamiza contornas rurais.

Directora e coordinadora de proxectos de planificación, intervención e dinamización lingüística, así como de proxectos de igualdade de oportunidades.

Formadora de formadorxs en ecoloxía lingüística e en contornas virtuais de aprendizaxe. Autodidacta no uso de aplicacións teconológicas e software libre. Usuaria avanzada GNU/Linux e plataformas para eLearning.

Creadora de sitios web, baseados en CMS, dinámicos e accesibles para as persoas non-programadoras. Algúns dos seus traballos pódense ver en feminismo.eusingenerodedudas.commaragota.orgcoopmed.org

[ Ler máis ]